1. |
Coidar dunhas colmeas
03:58
|
|||
Unha casiña branca
na mariña entre os loureiros,
co teu amor
e unha barca
ter o ceo.
Debería bastar con iso,
así que non teñas medo,
para que vivir
disposta a fracasar en cada intento?
Onde comeza o teu desexo?
Co teu amor
e unha barca
ter o ceo.
Coidar dunhas colmeas
aínda que nos piquen as abellas
para poder comer o mel
coas primeiras follas secas.
Debería bastar con iso,
así que non teñas medo,
para que vivir
disposta a fracasar
en cada intento.
Onde comeza o teu desexo
e rematan os do resto?
Co teu amor
e unha barca
ter o ceo.
Coidar dunhas colmeas
pode ser unha boa idea
para despois comer o mel
coas primeiras follas secas.
Unha casiña branca
na mariña entre os loureiros,
co teu amor
e unha barca
ter o ceo.
|
Streaming and Download help
If you like Néboa - Coidar dunhas colmeas, you may also like:
Bandcamp Daily your guide to the world of Bandcamp